lunes, 9 de enero de 2012

Números decimais

OS NÚMEROS DECIMAIS


1) Significado dos números decimais
Empréganse para representar cantidades non exactas de unidades, pois necesitamos outros números diferentes aos números naturais e aos números enteiros para este propósito. 

Exemplo: 
Cando falamos de 1 Kg e cuarto de froita = 1,250 Kg.
Cando percorremos medio quilómetro falamos = 0,5 Km.
Se a distancia entre dous puntos é de 3100 metros = 3,1 Km.
A metade dun cuarto de quilo = 0,125 Kg.


2) Partes dun número decimal
Os números decimais teñen como se poden ver nos exemplos anteriores dúas partes ben
diferenciadas:
                   - Parte enteira: á esquerda da coma
                   - Parte decimal: á dereita da coma

Exemplo:
75,1218 =         75             ,           1218 
                 Parte enteira   coma    Parte decimal 

E se descompoñemos: 75(parte enteira), 1(décimas) 2(centésimas) 1(milésimas) 8 (dezmilésimas)



3) Tipos de números decimais
Podémonos encontrar con diferentes tipos de números decimais, dependendo do número de cifras decimais que posúa:

Números decimais exactos: posúen un determinado número de cifras decimais.
Números decimais non exactos: posúen un número infinito de cifras decimais.
Números decimais periódicos: infinitas cifras decimais que se repiten periodicamente.

Exemplo:
 N.D. exactos: 3,45  71,3  -451,348 
 N.D. non exacto periódico:  6,1111111... (periodo)

 N.D. non exacto non periódico:   Pi = 3,14159 ...



4) Ordeación dos números decimais
Os números decimais podémolos ordear, ó igual que os números enteiros, na recta numérica. 

   
         
-4              -3          -2    -1,5  -1          0           +1              +2               +3               +4         
------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Logo como temos a posibilidade de situar calquera número decimal na recta numérica, podemos comparalos, de forma que conforme máis á dereita este situado o número decimal maior será este.

2,25 > 0,8 
-1,5 < 0,2 
-0,75 > -2 

Algunhas preguntas...
Poderiamos encontrar un número entre 3,5 e 3,6 ?
Si, por exemplo 3,52


E entre 3,5 e 3,52 ?
Si, por exemplo 3,51


E entre 3,5 e 3,51 ?
Tamén 3,507


Poderiamos encontrar máis números entre 3,5 e 3,51 ? Cantos ?
Si, poderiamos encontrar infinitos números.

Entón podemos afirmar que entre dous números decimais pódense atopar infinitos números decimais.



5) Operacións con números decimais


Suma e resta de decimais
Para sumar e restar números decimais, colócanse de forma que fagamos coincidir as comas na mesma columna. Por exemplo:

  1345 , 238 
    431 , 25    + 
      37 , 6 
-----------------
   1814 , 088

 4521 , 34    
-   75 , 625 
---------------
 4445 , 715 


Multiplicación de números decimais
Para multiplicar números decimais prescíndese das comas, e efectúase a multiplicación coma se fosen números naturais. Ao resultado obtido colocarémoslle a coma á dereita do número, obténdose tantas cifras decimais como sumen cifras decimais os factores. Por exemplo:

   28 , 75
X  2 , 3
------------
     8625
   5750 
------------
  66,125


Agora imos a practicar co visto ata o de agora:
















Electricidad y magnetismo

http://encinas.lacoctelera.net/post/2009/01/09/electricidad-y-magnetismo

http://www.youtube.com/watch?v=ySYeSiAEpiY

http://www.youtube.com/watch?v=uk4BTDYojkk&feature=related
http://www.educa.madrid.org/web/cp.beatrizgalindo.alcala/archivos/fracciones/fracciones/index.html